O BMB estrea nova identidade cara ao seu 10º aniversario

O BMB estrea nova identidade cara ao seu 10º aniversario

O C.B. Baixo Miño Basket dá un novo paso na súa evolución coa presentación da súa nova identidade visual, unha renovación completa da imaxe do club que comeza a implantarse durante a tempada 2026/27 e coa que o BMB mira xa cara ao seu 10º aniversario.

A nova identidade nace coa intención de representar mellor o club que somos hoxe: máis moderno, máis recoñecible, máis preparado para crecer e, sobre todo, moito máis ligado ao Baixo Miño.

O resultado son dous novos logotipos, un deportivo e outro institucional, unha nova paleta de cores, novas aplicacións gráficas, equipacións, roupa, merchandising e mesmo unha mascota: Otti.

Todo forma parte dunha mesma identidade.

Por que cambiar?

O anterior símbolo do BMB acompañounos desde a primeira andaina do club e ten, por iso, un importante valor sentimental.

Ademais, a súa historia é especialmente bonita: foi creado por un dos nenos daquela primeira xeración do C.B. Baixo Miño Basket.

Pero co paso dos anos tamén foi mostrando as súas limitacións.

A súa composición, co xogador, a canastra, o balón e as letras BMB, dificultaba moito a súa adaptación a determinados formatos. Aplicalo en roupa, merchandising, redes sociais ou soportes pequenos obrigaba incluso a simplificalo, chegando a utilizarse informalmente unha versión sen o xogador e a canastra para conseguir unha mellor reprodución.

A medida que o club foi medrando durante a súa segunda andaina, fíxose evidente que tamén necesitaba unha identidade preparada para acompañar ese crecemento e a proximidade do décimo aniversario foi o momento escollido para facelo.

O obxectivo era crear unha imaxe máis actual, deportiva, profesional e versátil, pero que ao mesmo tempo explicase mellor de onde vimos.

O Baixo Miño dentro da nova identidade, dous logotipos, unha mesma identidade

Se algo diferencia os novos logotipos é que o territorio deixa de estar simplemente no nome do club para pasar a formar parte tamén da súa imaxe, os deseños incorporan referencias aos catro concellos que forman parte da identidade que o BMB quere representar:

A Guarda, a través dos seus castros.

O Rosal, representado polos seus viñedos.

Tomiño, a través da paisaxe e dos seus montes.

Oia, representada polo seu mosteiro.

Elementos xeográficos, históricos e económicos que constrúen unha pequena representación visual do Baixo Miño, porque levar o nome de C.B. Baixo Miño Basket significa tamén sentirse parte do territorio ao que representamos cada vez que un dos nosos equipos sae á pista.

Contamos con dous logotipos ao mesmo nivel, deseñados para convivir e utilizarse en contextos diferentes.

O logotipo deportivo

O novo escudo circular será a identidade máis vinculada aos equipos, á competición e á roupa deportiva.

No seu interior aparecen os catro elementos territoriais distribuídos en cuadrantes, ao redor destes elementos aparecen o nome C.B. Baixo Miño Basket e o ano 2017, data da constitución oficial do club. O seu formato pechado e circular facilita especialmente a aplicación en equipacións, chándales, camisetas, merchandising y elementos vinculados a nuestros equipos, además de ofrecer una imagen fácilmente reconocible tanto dentro como fuera de la pista.

O logotipo institucional

Este deseño desenvolve os mesmos símbolos territoriais nunha composición horizontal.

Neste caso, os elementos aparecen de arriba cara abaixo, acompañados polo nome completo do club. Será a identidade utilizada principalmente na web, documentación, comunicacións oficiais, cartelería institucional e representación xeral do C.B. Baixo Miño Basket. Tamén será a imaxe habitual dos perfís corporativos do club, mentres que cando a comunicación represente directamente aos equipos poderá utilizarse o escudo deportivo.

Dous formatos diferentes, pero unha mesma linguaxe visual.

Un proceso construído entre deseño e club

A decisión de renovar a identidade naceu dentro da propia Xunta Directiva do BMB.

O desenvolvemento creativo foi realizado por Ángela, de Ninidea Studio, que traballou tanto nos novos logotipos como nas diferentes aplicacións da marca e nas propostas de roupa e merchandising.

O proceso non consistiu en recibir un deseño xa pechado.

A partir de diferentes propostas, directiva e deseñadora foron traballando conxuntamente, seleccionando alternativas e realizando pequenos cambios ata chegar á identidade definitiva.

Un proceso no que se buscou equilibrar tres conceptos: territorio, baloncesto e modernidade.

Descubre a nova identidade en movemento
A nova imaxe do BMB presentouse tamén nas nosas redes sociais. Podes ver o vídeo completo da presentación no noso Instagram.

VER A PRESENTACIÓN EN INSTAGRAM

Un cambio que chega a todo o BMB

A nova identidade non quedará unicamente nos logotipos.

Durante esta nova etapa irá incorporándose progresivamente a todos os soportes do club: equipacións de xogo, chándal, camisetas, bufanda, merchandising, lonas, carteis, documentos, redes sociais e web.

O obxectivo é que, independentemente de onde apareza el BMB, exista una imagen coherente y fácilmente identificable.

E chegou Otti

A renovación da identidade trae ademais un novo membro á familia BMB.

Otti é a nova mascota oficial do C.B. Baixo Miño Basket.

Unha nutria vestida coa equipación do club e co dorsal 17, outra referencia ao ano de fundación do BMB.

A elección dunha nutria encaixa ademais coa relación do Baixo Miño coa auga e co territorio arredor do río Miño, convertendo a mascota noutra forma de achegar a identidade do club especialmente aos máis pequenos.

Otti irá aparecendo progresivamente en actividades, comunicacións e diferentes aplicacións da nova marca.

Unha identidade para sentirse orgullosos de defendela

Desde o BMB queremos que esta nova imaxe represente moito máis ca un cambio gráfico.

Queremos construír unha base de nenos e nenas que medren vinculados ao club, que recoñezan o escudo como propio e que sintan orgullo cando o leven na camiseta.

Cambian os logotipos, cambia a roupa, cambia a maneira de presentarnos, pero non cambia a idea que está detrás do club desde 2017, facer crecer o baloncesto no Baixo Miño e construír un lugar no que os nenos e nenas poidan aprender, competir, convivir e sentirse parte dun equipo.

Novo escudo. Nova identidade. O mesmo BMB.

Deixa un comentario

Proceso de compra0
There are no products in the cart!
Continue shopping
0
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.