
O BMB pecha a tempada 25/26 consolidando o seu regreso á competición federada
O Club Baloncesto Baixo Miño Basket pecha unha tempada moi especial, marcada polo regreso ás competicións federadas, a progresión do equipo minibasket e a colaboración con Los Sauces na categoría infantil. Con arredor de 38 xogadores e xogadoras, o BMB continúa avanzando nesta segunda andaina.
